Publicador de contidos
Publicador de contidos

Reabre tras máis dun ano a circulación da ponte de Santa Marta, en Ponte Arnelas

Reabre tras máis dun ano a circulación da ponte de Santa Marta, en Ponte Arnelas

Recupérase a comunicación que une Ribadumia e Vilanova de Arousa e tamén o paso peonil sobre o río Umia polo que transcorre o Camiño de Santiago

O tráfico estivo cortado polas obras de reconstrución da infraestrutura, na que se produciran desprendementos pola corrosión

Ponte de Santa Marta, en Ponte Arnelas
G24.gal 20/06/2024 15:55 Última actualización 20/06/2024 17:11

Desde este xoves xa se pode circular pola ponte de Santa Marta, en Ponte Arnelas. Estivo cortado o tráfico algo máis dun ano polas obras de reconstrución acometidas nesta infraestrutura, onde se produciran desprendementos por mor da corrosión.

Recupérase así a comunicación pola estrada que une Ribadumia e Vilanova de Arousa e tamén o paso peonil sobre o río Umia polo que transcorre o Camiño de Santiago.

Este mércores os últimos condutores empregaron en Ponte Arnelas o desvío provisional habilitado mentres duraron as obras acometidas na infraestrutura. A súa reapertura ao tráfico recupera a conexión entre os concellos de Ribadumia e de Vilanova de Arousa.

Tamén os peregrinos recuperarán o paso do Camiño sobre o río Umia na senda peonil que transcorre baixo a ponte.

Senda peonil baixo a estrada da ponte Senda peonil baixo a estrada da ponte

A ponte de Santa Marta tivo que ser reconstruída. Os afundimentos que a oxidación provocara na estrada esixiron unha actuación integral.

O Goberno galego investiu algo mais de cinco millóns de euros na reconstrución da ponte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade