Publicador de contidos
Publicador de contidos

Reavívase o lume nas naves incendiadas en Mos

Reavívase o lume nas naves incendiadas en Mos

Seis empresas contuinúan sen poder traballar

G24.gal 28/03/2022 14:52

O lume reavivouse entre os cascallos das naves calcinadas 24 horas despois de que se orixinase o incendio. Arrasou as catro empresas do primeiro andar. Rui Correia, dono dunha das empresas afectadas , explica que lles ardeu todo e quedaron sen nada. 

Daniel Bar Franco, xefe de quenda de Bombeiros do Porriño, relata que hai varios focos nos que enriba hai chapa e cemento, o que complica as tarefas de extinción. Os responsables das dúas empresas situadas no baixo, algo menos afectadas, agardaban para poder acceder.

As seis empresas, con máis de cen empregados, permacen sen actividade. Outros empresarios e administracións xa están a buscar novas localizacións para que poidan volver canto antes ao traballo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade