Recibe a alta despois de tres días o xogador xuvenil do Lugo ferido nunha liorta
Recibe a alta despois de tres días o xogador xuvenil do Lugo ferido nunha liorta
O seu suposto agresor quedou en liberdade con cargos
Dan de alta o xogador xuvenil do Club Deportivo Lugo que ingresara no hospital con feridas graves, despois dunha liorta nunha zona de copas.
Gonzalo Cuéllar, de 18 anos, tivera que ser ingresado nun primeiro momento na UCI do hospital Lucus Augusti, onde finalmente permaneceu tres días.
Lembremos que Cuéllar sufriu un forte golpe na cabeza ao caer ao chan, logo de recibir unha puñada na cara que lle fixo perder o equilibrio.
Agora recupérase na casa. Mentres, o seu suposto agresor quedou en liberdade con cargos, despois de prestar declaración nos xulgados de Lugo.
A declaración dalgunhas testemuñas fixo posible que a Policía Nacional localizara con rapidez o sospeitoso.
O suceso tivo lugar na céntrica rúa Clérigos, a carón da catedral, unha zona onde nos últimos meses se produciron varias liortas entre mozos nas inmediacións de locais de lecer nocturno.