Publicador de contidos
Publicador de contidos

Recibe a alta o turista lucense ferido no accidente de autobús de Mallorca

Recibe a alta o turista lucense ferido no accidente de autobús de Mallorca

Tan só quedan dous feridos ingresados, logo de ser dado de alta outro procedente de Aragón

Gardas civís no lugar do accidente (EFE/Cati Cladera) Gardas civís no lugar do accidente (EFE/Cati Cladera)
EP 13/03/2024 12:20

O turista lucense ferido no accidente de autobús rexistrado o pasado luns na illa de Mallorca recibiu a alta.

Segundo detallou este mércores o IbSalut, as persoas que permanecían hospitalizadas reducíronse a dúas, tras recibir o martes a alta tanto este turista lucense como outra persoa procedente de Aragón.

En concreto, os dous feridos que continúan ingresados, un home e unha muller de Zaragoza, están no Hospital Universitario de Son Espases e están en estado menos grave, pendentes tamén de recibir a alta.

O sinistro ocorreu este luns en Mallorca, cando o autocar saíu da estrada Ma-4030 e caeu dun desnivel de dous metros, quedando feridas un total 24 persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade