Publicador de contidos
Publicador de contidos

Reclaman a instalación de barreiras acústicas na AP-9 ao seu paso polo barrio vigués de Teis

Reclaman a instalación de barreiras acústicas na AP-9 ao seu paso polo barrio vigués de Teis

Os veciños denuncian que o ruído impide o descanso polas noites

G24.gal 04/01/2024 13:47

Fartos, así se senten os veciños do barrio vigués de Teis a carón da autoestrada AP-9. Fartos do ruído que sofren e fartos de reclamar solucións.  

"Non deixan descansar porque o porto de Vigo comeza moi cedo e pasan moitos camións. Parece que só preocupan as festas de venres e sábados"; "Nós tivemos que cambiar a habitación de sitio, porque do lado da autoestrada é imposible ter un dormitorio. É imposible descansar", relatan algúns dos residentes na zona.

Levan reclamando melloras dende que se construíu a autoestrada e atravesou o barrio, deixando ao seu paso o ruído dun tráfico intenso. Explican que "é ruído continuo, no verán é terrorífico" e "aínda que insonorices e intentes ter boas fiestras, escóitase igual".

Algunhas vivendas están a escasos metros da autoestrada, e din que ter as fiestras abertas é imposible: "Todo se arranxa poñendo pantalla, para subir as peaxes andan listos"; "O custo é mínimo", insisten.

Non entenden como ninguén toma medidas ante un problema que afecta a calidade de vida de centos de veciños e por iso volven reclamarlle ao Goberno que instale pantallas acústicas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade