Publicador de contidos
Publicador de contidos

Reivindican máis avances para recoñecer o traballo feminino no eido agrícola

Reivindican máis avances para recoñecer o traballo feminino no eido agrícola

Unha moza granxeira de Palas de Rei cre que aínda falta visibilizar o traballo da muller no campo

Na súa explotación de leite ecolóxico tamén elaboran iogur e outros derivados

G24.gal 15/10/2023 15:04 Última actualización 15/10/2023 18:20

Ana leva desde os 23 anos ocupándose da granxa que montaron os seus pais xusto cando ela naceu. Coñece o traballo no campo desde dentro. Non en van é a responsable desta explotación de leite ecolóxico de Palas de Rei no que tamén se producen outros derivados.

Recoñece que o papel secundario que de xeito tradicional e totalmente inxustificado ocupaba a muller no eido agrario vaise superando, pero aínda queda moito camiño por percorrer. 

Neste día da muller rural Ana, a piques de dar a luz unha nova vida, confía en que o campo se manterá vivo sempre que haxa actividade económica. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade