Publicador de contidos
Publicador de contidos

Recomendan actualizar inmediatamente os dispositivos de Apple por unha fenda de seguridade

Recomendan actualizar inmediatamente os dispositivos de Apple por unha fenda de seguridade

Este fallo no sistema permitiría aos ciberatacantes entrar nos nosos dispositivos e conseguir as nosas claves

Deben actualizarse os ordenadores, teléfonos, tabletas e reloxos

G24.gal 23/06/2023 17:01

O Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe) avisou de múltiples vulnerabilidades en produtos de Apple e recomendou actualizar as últimas versións dos sistemas operativos de iPhone, iPad, macOS e Apple Watch.

O aviso de ciberseguridade deste instituto está publicado na súa web e é de importancia 5 (crítica). Apple xa lanzou unha actualización dos seus sistemas operativos.

As vulnerabilidades '0day' detectadas poderían permitir a un atacante executar código arbitrario, como instalar e abrir un programa malicioso nun sistema sen o consentimento do usuario.

Unha vulnerabilidade '0day' ou de 'día cero' ten como obxectivo a execución de códigos maliciosos grazas ao coñecemento da vulnerabilidade dun sistema.

A principal ameaza reside en que, ata que se lanza un parche correctivo e os usuarios o instalan nos seus equipos, os atacantes teñen vía libre para explotar a vulnerabilidade e sacar proveito do fallo de seguridade.

Segundo explica o Incibe, as fendas de seguridade detectadas nos produtos de Apple afectan ao kernel -software que constitúe unha parte fundamental do sistema operativo- e a WebKit -plataforma para o desenvolvemento de aplicacións-.

"As vulnerabilidades poderían permitir a unha aplicación executar código arbitrario con privilexios de kernel ou procesar contido web con fins maliciosos".

Os recursos afectados por estas son as versións anteriores a Safari 16.5.1; iOS 16.5.1 e iPadOS 16.5.1; iOS 15.7.7 e iPadOS 15.7.7; macOS Ventura 13.4.1; macOS Monterey 12.6.7; macOS Big Sur 11.7.8; watchOS 9.5.2; e watchOS 8.8.1.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade