Publicador de contidos
Publicador de contidos

Récord de visitas ao museo, ao Pórtico e ás cubertas da Catedral de Santiago

Récord de visitas ao museo, ao Pórtico e ás cubertas da Catedral de Santiago

Durante o primeiro semestre de 2024 foron máis de 181.000 os visitantes

Supón un aumento do 13% con respecto ao mesmo semestre do ano anterior 

G24.gal 15/07/2024 14:40

Cada vez son menos os que se conforman con ver a Catedral de Santiago de pasada e queren entrar a fondo na súa historia visitando os lugares significativos do conxunto arquitectónico para os que compre pase de acceso. Preto de 80.000 visitantes pasaron de xaneiro a xuño polas salas do museo catedralicio.

Un récord de afluencia que se notou tamén no Pórtico da Gloria, con máis de 50.000 entradas. Fóra diso o que máis tira é a opción de ir á torre da Carraca e ás cubertas, con preto de 40.000 billetes vendidos no semestre.

Tamén forman parte programa museístico as visitas nocturnas á catedral, os percorridos guiados polo Pórtico e o Museo e, xa fora do conxunto momumental do Obradoiro, está incluída a Colexiata de Sar. En total, entre todas as ofertas, sumaron de xaneiro a xuño 11.175 persoas, segundo as estatísticas da Fundación Catedral. 

Algúns veñen ver expresamente a cor recuperada coa restauración das figuras do Pórtico Algúns veñen ver expresamente a cor recuperada coa restauración das figuras do Pórtico
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade