Recupera un piso ocupado, pero perde 12.000 euros de alugueiro
Recupera un piso ocupado, pero perde 12.000 euros de alugueiro
Tivo que negociar cos okupas e retirar a denuncia que presentara contra eles
A fiscalía podería actuar de oficio por un posible delito de extorsión
Manuel volve entrar despois de dous anos neste piso da súa propiedade. As persoas que o tiñan alugado non pagaron ningunha mensualidade nese tempo e mesmo ameazaron e extorsionaron o dono, quen, finalmente, tivo que negociar con eles e mesmo contratar unha empresa especializada en desocupación.
En total deixou de ingresar máis de 12.000 euros e tivo que gastar en avogados e no desaloxo pactado.
Logo de meses de negociacións, Manuel conseguiu gravar as conversas en que os okupas reclamaban 5.000 euros a cambio de deixar o piso. Así, acudiu aos xulgados e presentou denuncia por extorsión.
Agora puido recuperar a vivenda a cambio de retirar dita denuncia, pero a fiscalía aínda podería actuar de oficio.
Por causa do acontecido, Manuel ten claro que tardará moito tempo en volver alugar o piso. Agás algunha raiada en paredes e mobles, o piso recuperado está en condicións moito máis favorables do que adoita acontecer nestes casos.