Recuperan as tradicionais galletas da parroquia taboadesa de Xián
Recuperan as tradicionais galletas da parroquia taboadesa de Xián
A receita chegou de Italia hai máis dun século e estendeuse polo concello
Ovos, fariña, azucre, manteiga e limón son os ingredientes
Ovos, fariña, manteiga, azucre e raspa de limón. Ingredientes abondosos e contundentes para algo tan delicado como as galletas de Xián, de 12 gramos cada unha. Un doce que naceu hai máis dun século. Daquela facíanse con placas de ferro coma estas chegadas de Italia e co andar do tempo pasaron a facerse con máquinas suízas. Ata hai pouco xa só se facían nalgunhas casas pero agora estanas a comercializar como o produto artesán que son.
Estas galletas queren ir máis aló de Taboada e reivindican a Ribeira Sacra. Así, os debuxos en relevo están inspirados en igrexas románicas da zona e o seu símbolo é unha xacia do Río Miño. Para aumentar a produción tiveron que deseñar e encargar esta nova máquina. Así obteñen unha galleta que vale para todo.
A Axencia Galega da Calidade Alimentaria concedeulles o selo de artesanía. E é que xa os romanos facían o bucellatum coa mesma técnica de placas de ferro.