Publicador de contidos
Publicador de contidos

Refórzase a liña de bus Pontevedra-O Grove pola alta demanda do verán

Refórzase a liña de bus Pontevedra-O Grove pola alta demanda do verán

Desde esta semana hai máis buses e novos horarios adaptados ao tráfico de agosto

Tamén se reforzan os buses nocturnos nas fins de semana de agosto

G24.gal 08/08/2023 14:47

Non é o mesmo coller o bus entre Pontevedra e Sanxenxo no mes de febreiro que no de agosto.

"Onte agardamos unha hora e pasou cheo, sen abrir a porta ao chegar".

"Eu son turista e teño tempo, imaxino á xente da zona que teña que collelo cada día, ten que ser moi molesto".

"Hai moita xente maior que non conduce e precisa desprazarse ou os mozos sen carné nin coche, que melloren o servizo", comentan os usuarios.

Os viaxeiros multiplícanse no verán e enchen os buses. Ademais, o tráfico fai que sexa practicamente imposible que cheguen á parada á hora prevista.

"Hai moito tráfico e ten que parar moito porque se cruzan peóns constantemente".

"Na parada todos estabamos preguntando se alguén sabía se xa vira o bus ou aínda non pasara", din os turistas.

Por iso, a Xunta decidiu mellorar o servizo con buses de reforzo nas horas punta. Ademais, a concesionaria tivo que mellorar a información e adaptar os horarios. Deste xeito, a duración estimada da viaxe co tráfico de verán aumenta entre 5 e 13 minutos.

"Que poñan máis buses e que escriban ben os horarios do bus para Pontevedra na páxina web", di unha usuaria da zona. 

O servizo nocturno desta liña tamén se está a reforzar durante as fins de semana de agosto. A idea á facilitar un desprazamento máis seguro aos que viaxan para gozar do ocio nocturno do Grove e Sanxenxo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade