Publicador de contidos
Publicador de contidos

Refuxiados ucraínos en San Xoán de Río reforzan a súa integración

Refuxiados ucraínos en San Xoán de Río reforzan a súa integración

Reciben clases extra de castelán dúas veces por semana

Os adultos traballan e os cativos están escolarizados

G24.gal 25/05/2023 20:20 Última actualización 25/05/2023 20:27

En marzo do pasado ano chegaban a San Xoán de Río 19 refuxiados ucraínos que fuxían da guerra no seu país. En plena pandemia, tiveron que marchar co posto e aquí foron ben acollidos. Hoxe todos eles son uns veciños máis e, para afondar na integración, reciben clases de idioma castelán dúas veces por semana.

Sergio traballa nunha panadería e os seus fillos, Polina, Dasha e Artan, están escolarizados na Pobra de Trives. Non saben cando poderán regresar ao seu país e nin sequera se poderán facelo, pero, coas súas limitacións idiomáticas, din sentirse en Galicia coma na casa.

A chegada destas familias baixou a media de idade en San Xoán de Río, unha das máis altas de Galicia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade