Publicador de contidos
Publicador de contidos

Regresan os cadaleitos á procesión de Santa Marta de Ribarteme

Regresan os cadaleitos á procesión de Santa Marta de Ribarteme

Os dous últimos anos non saíron as caixas, primeiro pola covid e logo pola negativa do cura 

O párroco accedeu nesta edición sempre que os féretros non pisen a igrexa nin o adro

Imaxe dos ataúdes en procesión. EFE/Brais Lorenzo Imaxe dos ataúdes en procesión. EFE/Brais Lorenzo
G24.gal 29/07/2023 17:34 Última actualización 29/07/2023 17:54

A procesión de Santa Marta de Ribarteme, no concello das Neves, volve contar con cadaleitos despois de dous anos sen eles, primeiro pola Covid e logo pola negativa do cura, que agora accede a que vaian en procesión, pero sen pisar a igrexa nin o adro.

Esta tradición ancestral de portar féretros con persoas vivas dentro está declarada de interese turístico internacional. A xente ofrecida promételle á Virxe saír en procesión metida na caixa, se lles concede a súa petición de saúde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade