Publicador de contidos
Publicador de contidos

Regresan os veciños de Castroverde que trouxeron refuxiados de Ucraína

Regresan os veciños de Castroverde que trouxeron refuxiados de Ucraína

Dúas familias e un menor con familia en Madrid viaxaron grazas a estes dous voluntarios

Unha experiencia dura que aseguran que volverían repetir

G24.gal 05/03/2022 20:44

Cansos pero satisfeitos, os dous veciños de Castroverde que viaxaron ata a fronteira con Ucraína para recoller a quen quixera vir a España chegaron de novo á casa. Foi unha viaxe de máis de sete mil quilómetros, feita en catro días, que serviu para que dúas familias e un neno se reencontraran cos seus achegados.

Héctor e Paulo aseguran que repetirían a viaxe coa mesma finalidade, axudar ás vítimas a deixar atrás un país asolado pola guerra. Eran conscientes de que a comunicación ía ser difícil, pero a pesar das carencias aseguran que valeu a pena facelo. 

Canda estes veciños de Castroverde regresaron nove persoas: dúas familias formadas por mulleres e nenos e máis un menor. Agora viaxarán cara a Madrid, para xuntarse cos seus. Antes, levarán xoguetes e roupa achegados por veciños desta localidade lucense, unha mostra máis da solidariedade de persoas que se senten conmovidas pola necesidade doutras. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade