Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os veciños de Pantón reinvisten os cartos do monte veciñal en proxectos para darlle vida á aldea

Os veciños de Pantón reinvisten os cartos do monte veciñal en proxectos para darlle vida á aldea

Reformaron a vella cantina para alugala, xa que no pobo non hai xa ningún bar

Compraron a vella reitoral para reformala e orientala ao turismo

A reapertura da cantina é un dos proxectos que promoven os veciños para revitalizar Tuiriz
G24.gal 22/03/2022 20:34

Coa idea de atraer poboación nova os comuneiros de Tuiriz, en Pantón, decidiron acondicionar a cantina da vella reitoral para poñela en alugueiro en condicións moi vantaxosas. Xa non queda ningún bar nesta parroquia, que chegou ter catro e máis de 400 veciños.

Ademais, con vistas ao turismo, pensan xa en rehabilitar a vella reitoral, que compraron tamén cos cartos da comunidade. É tan só unha das iniciativas que promoven para fixar poboación nunha zona moi avellentada e para atraer novos veciños, con bos resultados.

Por recuperar, os membros da comunidade de montes de Tuiriz decidiron recuperar tamén algunhas tradicións. Se a pandemia non o impide, esta parroquia de Pantón acollerá de novo este ano a súa Festa da Malla.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade