Publicador de contidos
Publicador de contidos

Remata a identificación dos restos mortais dos 10 falecidos no incendio de Valencia

Remata a identificación dos restos mortais dos 10 falecidos no incendio de Valencia

O xulgado autorizou a entrada dos veciños ás vivendas para recuperar aqueles útiles que se puideran salvar

G24.gal 27/02/2024 14:26 Última actualización 27/02/2024 14:51

A investigación forense completou a identificación das 10 vítimas mortais, o que permitirá aos familiares facerse cargo dos corpos. O xulgado de instrución autorizou, ademais, a entrada dos veciños ás vivendas para recuperar aqueles útiles que se puideran salvar. Ata o de agora tiñan que conformarse co que os bombeiros ían sacando e entregando.

No medio da desgraza, calquera pequena pertenza, sobre todo se ten valor sentimental, proporciona un momento de alegría.

O Goberno valenciano aprobou onte a partida de 4 millóns en axudas directas. Inclúen unha achega de entre 6.000 e 10.000 euros para necesidades básicas e outra axuda de ata 1.500 euros ao mes para alugueiro. 

O presidente da Generalitat Valenciana, Carlos Mazón, di que as medidas son urxentes porque a desaparición dunha vivenda "crea un problema económico pero tamén supón a perda de lembranzas e proxectos de vida"

O rei Filipe VI, que viaxou á cidade acompañado da raíña, reuniuse en privado coas vítimas e agradeceu aos corpos de emerxencia o labor desenvolvido. Todos vimos a través dos medios o complicado que foi este incendio, o inusual e extraordinariamente violento. Vostedes deron un exemplo á sociedade, a Valencia e a toda España", díxolles. 

A situación das vítimas foi tamén asunto a tratar no Consello de Ministros, que acordou pór en marcha todos os recursos para axilizar os trámites que dependan da Administración Xeral do Estado.   

A ministra portavoz, Pilar Alegría, confirmou que o Consello de Ministros deu orde de axilizar todos os trámites que dependan da Administración Xeral do Estado e vanse establecer unidades especiais para a expedición de documentación e certificación das propiedades.

Continua a investigación das causas do incendio. Un curtocircuíto é unha das teorías máis plausibles, xa que non había ninguén no piso en que se orixinou o lume. Mentres medra a preocupación ante a existencia en Valencia e España de outros edificios cos mesmos materiais construtivos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade