Remata a primeira das tres xornadas da ABAU
Remata a primeira das tres xornadas da ABAU
Os estudantes fixeron pola mañá os exames de materias obrigatorias e pola tarde das optativas
Os estudantes que aspiran a entrar na universidade remataron xa o primeiro día de exames. A ABAU arrancou en Galicia cos nervios típicos dos rapaces, pero sen incidentes destacables. Aínda quedan por diante dous días máis de probas.
Hai estudantes que acoden a estas probas con moita presión. Para o acceso á universidade, a nota do bacharelato é o 60 % da nota final e a ABAU representa o 40 %. O futuro pode ser cuestión de decimais.
"A presión non llela quita ninguén, moitas veces as carreiras decídense por unhas décimas. Hai carreiras en que en tres décimas hai douscentos estudantes e só hai duascentas prazas", comenta Celso Rodríguez, presidente da CIUG.
Na primera xornada, os estudantes enfrontáronse aos exames de historia de España e Lingua Castelá e Literatura pola mañá. Pola tarde foi a quenda para as optativas de Matemáticas II ou Latín e Economía da Empresa ou Deseño.