Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rematan as III Xornadas Artesanía no Prato

Rematan as III Xornadas Artesanía no Prato

Artesanía e cociña camiñan da man nun encontro entre artesáns, cociñeiros e profesionais da hostelaría

O vicepresidente económico, Francisco Conde, subliñou que a cociña de vangarda atopa na Artesanía de Galicia un factor de diferenciación

Beatriz Moyano 22/11/2021 21:39

Remataron en Santiago as III Xornadas Artesanía no Prato, un punto de encontro entre a artesanía de Galicia con profesionais da hostalería, a restauración ou a decoración de interiores. 

Nesta xornada visitou o evento o vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, que destacou a importancia da artesanía de Galicia na cociña de vangarda onde atopa un factor de diferenciación. 

As xornadas forman parte dun proxecto grazas ao cal máis de 40 obradoiros de Artesanía de Galicia traballan con cociñeiros galegos e nacionais, ademais de distribuidoras de utensilios de hostalería.

No evento, amais de haber 'showcookings' incluíuse tamén un espazo de coloquio arredor do papel da artesanía no ámbito da cociña. Un punto de encontro onde reflexionar sobre temas como o deseño e a ética sostible, o impulso da innovación ou o proceso creativo do traballo artesán e o produto de proximidade.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade