Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rematan os traballos de escavación do dolmen de Pedra Cuberta en Vimianzo

Rematan os traballos de escavación do dolmen de Pedra Cuberta en Vimianzo

O monumento é un dos máis destacados do noroeste peninsular

G24.gal 05/10/2023 16:14

Rematan os traballos de escavación dun dos dólmens máis destacados do noroeste peninsular, o de Pedra Cuberta, en Vimianzo. Un grupo de arqueólogos e restauradores traballaron durante o mes de setembro no monumento co obxecto de revisar o estado das pinturas prehistóricas, descubertas hai 90 anos. Un traballo minucioso e ao detalle para descubrir a historia dos nosos devanceiros. 

"Vimianzo ten moitísimo patrimonio moi importante. Vimianzo é o castelo, a traslatio, son batáns do Mosquetín, son os dólmens, e agora concretamente este que é a xoia da coroa", comenta Victoria Amigo, técnica de Turismo do Concello de Vimianzo.

"E despois quedou un pouco en estado de abandono e non se volveu a avaliar o estado de conservación das pinturas", prosegue Lino Gorgoso López, arqueólogo de Adro Arqueoloxía.   
 

Unha conservación que se viu afectada tanto pola vexetación como pola man do ser humano, xa antes dos anos 30. As pinturas seguen a conservar un bo estado. En parte grazas á tecnica pictórica complexa que empregaban, sobre base de caolín, e que permitiu conservar as características cores negras e vermellas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade