Rematou o prazo para inscribirse nas viaxes do Imserso da temporada 2023
Rematou o prazo para inscribirse nas viaxes do Imserso da temporada 2023
Non quedan prazas á venda para viaxar dende Galicia co Imserso
As últimas viaxes desta temporada 2023 realizaranse a finais de xuño
A temporada 2023 das viaxes do Imserso está chegando á súa fin. Os novos usuarios tiveron ata onte a oportunidade de inscribirse.
"Onte rematou o prazo para aquelas persoas que non estaban inscritas no programa do Imserso e que se puidesen inscribir para as viaxes desta temporada que remata agora no mes de xuño", informa Juan Antonio Rivadulla, presidente da Asociación Galega de Axencias de Viaxes
Con todo, dificil van ter atopar unha praza libre.
"A verdade é que non hai xa prazas dispoñibles, polo menos dende Galicia, agás contadas cancelacións que poida haber e que poida quedar algunha praza. Si que pode haber algo se saes dende Madrid, pero iso xa é algo máis complexo", continúa Juan Antonio Rivadulla, presidente da Asociación Galega de Axencias de Viaxes.
Un ano máis, o Imserso é un éxito. Hai quen fai varias viaxes durante a temporada.
"Ás veces dúas veces, vir dunha e ir a outra, si".
"Para a xente así coma nós, fantástico".
"Para nós os vellos iso é o mellor que hai".
Os galegos sempre buscaron a calor das illas e da costa levantina, aínda que este ano nas axencias notaron un cambio de tendencia
"É certo que este ano notamos un incremento na venda de circuítos culturais, foise repartindo un pouco máis, tal vez xente que vai viaxando todos o anos, leva xa uns anos viaxando e vai cambiando", apunta Juan Antonio Rivadulla, presidente da Asociación Galega de Axencias de Viaxes
Están xa arrincando os motores da nova temporada en que vai haber 70.000 prazas máis e novos destinos.
"Xa a miña muller anda buscando, o que pasa que aínda non saíron creo. Cando saian aí estamos" .