Publicador de contidos
Publicador de contidos

Remite a vaga de calor

Remite a vaga de calor

Málaga, Alacante e Murcia, aínda en nivel vermello por temperaturas de máis de 42º

Récord histórico de calor en Cataluña: 45,2º

Antón Montero 19/07/2023 20:09 Última actualización 19/07/2023 21:02

A mediodía, os termómetros malagueños xa rozaban os 40 graos. En Murcia, na veiga do Segura, chegaron aos 44. E toda a provincia de Alacante estivo este mércores baixo o nivel máximo de alerta por calor.

"Hai humidadade e vai un pouco de vento, pero custa respirar", explicaba unha veciña de Orihuela.

A terceira vaga de calor do verán despídese cuns valores asfixiantes non só na metade sur. Cataluña rexistrou este mércores a temperatura máis alta nunca vista na comunidade autónoma, máis de 45º na localidade xironesa de Figueres.

En Madrid, sofren ata os mexicanos: "Si, moitísimo. Alá é moi extremo, pero aquí esgotounos moitísimo a calor".

A pasada noite o termómetro non baixou dos 28 graos nas Baleares, ou dos 25 en Cuenca. Os veciños contan que durmiron "co ventilador toda a noite", mentres que outros admitían: "Desde as tres da mañá non puiden durmir". Os que o fixeron pasaron: "Toda a noite suando, e parecía que saíra da bañeira".

En Valencia, o mar ferve a uns niveis que non se adoitan rexistrar ata agosto. José Ángel Núñez, de AEMET, explica: "Na Comunidade Valenciana, a temperatura media en augas costeiras, é dicir, de 20 millas cara adentro, é de 27 graos e medio, que é o máximo histórico".

A calor baixará nas vindeiras horas, para repuntar durante a fin de semana. Á espera do que aconteza no que queda de mes, este xa é o terceiro xullo máis cálido desde que hai rexistros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade