Renfe anuncia posibles cambios ante as numerosas queixas polos horarios dos trens en Galicia
Renfe anuncia posibles cambios ante as numerosas queixas polos horarios dos trens en Galicia
A chegada da alta velocidade a Ourense, o pasado 21 de decembro, obrigou a Renfe a axustar horarios nas conexións de Ourense con Santiago, A Coruña e Vigo
Os horarios non convencen os usuarios. De feito, levan todo este tempo organizándose para recuperar os antigos.
Reuniron centos de sinaturas e agora Renfe anuncia que estudarán esas peticións
Os usuarios dos trens das liñas de Ourense, Santiago, Coruña e Vigo protestan polo cambio de horarios que supuxo a chegada o AVE a Galicia o pasado 21 de decembro.
Houbo reaxuste nos horarios e agora, por exemplo, o primeiro tren de Coruña a Santiago e a Ourense sae media hora antes, sae outro hora e media despois, din os usuarios que é demasiado tarde para pode cumprir coas obrigas laborais.
Os usuarios afectados congregáronse en varias plataformas e conseguiron centos de sinaturas.
Piden unha volta aos horarios antigos ou que aumenten as frecuencias tendo en conta os horarios laborais e universitarios.
Os sindicatos ferroviarios aplauden estas peticións e sinalan ademais que falta persoal e que moitos servizos que se suspenderon trala pandemia nunca foron repostos.
Dende Renfe Galicia aseguran que se van reunir cos representantes da plataforma nos vindeiros días e que están estudando a posibilidade de cambiar horarios para adecualos as súas peticións.