Publicador de contidos
Publicador de contidos

Renfe recoñece que non pode cumprir os horarios e amplía tempos de viaxe

Renfe recoñece que non pode cumprir os horarios e amplía tempos de viaxe

Os usuarios consideran que esta non é a solución aos problemas dos atrasos 

G24.gal 26/12/2023 15:24

As frecuentes queixas polos atrasos levaron a Renfe a reorganizar as conexións do eixo atlántico. O tempo oficial da viaxe entre A Coruña e Vigo pasa a unha hora e 26 minutos, e con destino Ourense unha hora e 12 minutos. 

Será a partir do 9 de xaneiro. Dende Renfe din que queren adaptarse aos tempos de viaxe reais. Os usuarios cren que só axustan atrasos. 

A reorganización tamén afecta os horarios. As primeiras conexións entre Vigo e A Coruña adiántanse 5 minutos. Os pasaxeiros piden outras solucións. 

Máis velocidade e menos demoras, son as demandas fundamentais dos usuarios, que non ven neste cambio a resposta ás súas reivindicacións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade