Cargando resultados...
Rescatado no río Anllóns o cadáver dunha persoa desaparecida en Carballo
Rescatado no río Anllóns o cadáver dunha persoa desaparecida en Carballo
Perdéraselle a pista este sábado na parroquia de San Xoán Baustista
Imaxe de arquivo do río Anllóns
G24.gal
12/05/2024 18:59
O cadáver dunha persoa desaparecida desde este sábado en Carballo foi rescatado no río Anllóns, segundo informan os bombeiros comarcais que participaban dende as nove da mañá no operativo de busca.
Perdéraselle a pista no río, na parroquia de San Xoán Bautista. Rastrexaron o leito ao longo do paseo fluvial ata que foi localizada sen vida sobre as 11:15 horas.
Unha vez fóra da auga, os servizos sanitarios certificaron o seu falecemento. No operativo tamén participou a Garda Civil de Carballo, Protección Civil e Policía Local deste municipio, e os GEAS da Coruña.