Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatado o corpo dunha persoa que aboiaba preto do faro de Meirás, en Valdoviño

Rescatado o corpo dunha persoa que aboiaba preto do faro de Meirás, en Valdoviño

Tamén apareceu un vehículo encaixado no cantil; non había ninguén no interior

G24.gal 09/06/2022 15:22

Emerxencias de Galicia 112 informa do rescate do corpo sen vida dunha persoa. Foi localizado cando aboiaba preto do Faro de Meirás, en #Valdoviño.

Na, tamén apareceu un vehículo encaixado no cantil. Tras ser revisado polos efectivos de emerxencias, descartouse no que interior houbese máis feridos.

Ata a zona desprazáronse efectivos de Salvamento Marítimo, Gardacostas de Galicia, bombeiros de Ferrol, Protección Civil de Valdoviño, Policía Local, Garda Civil e Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade