Rescatado un grupo de dez excursionistas atrapados pola neve nos Ancares
Rescatado un grupo de dez excursionistas atrapados pola neve nos Ancares
Foron localizados nun lugar onde había ata 50 centímetros de neve acumulada
No concello de Cervantes tiveron que rescatar dez excursionistas que quedaran atrapados na montaña. A neve e a chegada da noite complicou a súa camiñada polos Ancares. Finalmente, tiveron que pedir axuda.
O rescate correu a cargo de axentes da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil de Cervantes e Becerreá. Non foi fácil. Era de noite e as vías estaban cubertas de neve.
O grupo coñecía a zona porque levan case 30 anos facendo rutas polos Ancares. Outros tres excursionistas non tiveron ningún problema para chegar ao albergue, mais que atoparse cun espeso manto de neve que nalgúns puntos superaba os 50 centímetros.
Canda eles ía un rapaz de dez anos. Todos viviron unha xornada que rematou ben, pero máis tarde do previsto.