Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatados os mariñeiros do pesqueiro Nueva Libertad, que embarrancou en Ribadeo

Rescatados os mariñeiros do pesqueiro Nueva Libertad, que embarrancou en Ribadeo

Os cinco tripulantes saíron ilesos

Salvamento Marítimo conseguiu reflotar o pesqueiro, que se atopa no porto de Burela

G24.gal 17/01/2024 08:49 Última actualización 17/01/2024 14:30

Os cinco tripulantes do pesqueiro Nueva Libertad foron rescatados esta madrugada ilesos despois de que a embarcación embarrancase preto de Rinlo, ao leste de Punta Corveira, en Ribadeo (Lugo). As adversas condicións meteorolóxicas, con vento forte, empurraron o barco cara á costa e, ao coincidir coa baixamar, quedou embarrancado fronte ao litoral de Rinlo.

Fontes do 112 Galicia precisaron que Salvamento Marítimo comunicou o incidente a escasos minutos da unha da madrugada deste mércores.

As embarcacións de Salvamento Marítimo Salvamar Alioth e LS Saturno conseguiron, coa preamar, reflotar o pesqueiro, que quedara atrapado e escorado a apenas cen metros da cetaria de Rinlo. O barco puido continuar a navegación ata o porto de Burela porque non tiña vía de auga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade