Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatados os tres tripulantes dun pesqueiro afundido ao sur do cabo Fisterra

Rescatados os tres tripulantes dun pesqueiro afundido ao sur do cabo Fisterra

A embarcación de recreo Batega rescatou os 3 tripulantes do Tamara

G24.gal 09/08/2024 11:18 Última actualización 09/08/2024 21:03

Efectivos de Salvamento Marítimo rescataron os tres tripulantes dun pesqueiro que se afundiu por unha vía de auga a dúas millas ao sur do cabo Fisterra.

Segundo informou Salvamento, a alerta recibiuse no centro de coordinación de Fisterra pouco antes das 9:00 horas. O alertante foi o barco Meira da Costa, que informaba de que había unha embarcación con problemas chamando pola canle 16 de VHF.

Salvamento Marítimo contactou entón co pesqueiro en dificultades, Tamara, confirmando que tiña unha vía de auga e que se atopaba a dúas millas ao sur de Fisterra.

Desde o Centro de Coordinación dixéronlles aos tripulantes que puxesen os chalecos salvavidas e, de inmediato, mobilizaron o buque Don Inda e o helicóptero Helimer 401, ambos con motobomba.

Ás 9:08 horas a embarcación de recreo Batega rescatou os 3 tripulantes do pesqueiro e confirmou que está afundida unha cuarta parte do barco.

A Salvamar Regulus foi mobilizada para tentar o remolque coa auxiliar do buque Don Inda, pero, finalmente, o pesqueiro afundiuse sobre as 10:00 horas. Mobilizouse o avión Sasemar 305 para vixilancia de restos de contaminación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade