Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatados tres tripulantes dun barco que chocou contra unha batea en Moaña

Rescatados tres tripulantes dun barco que chocou contra unha batea en Moaña

A embarcación sufriu unha vía de auga e acabou afundindo

Os tripulantes foron trasladados ao peirao do Con e atópanse en bo estado de saúde

G24.gal 05/09/2024 12:56

O barco Antepazo afundiuse esta mañá tras chocar contra unha batea no litoral do municipio pontevedrés de Moaña e os seus tres tripulantes foron rescatados por outra embarcación.

A tripulación refuxiouse nunha batea tras o naufraxio do barco e foi rescatada pola embarcación Darío Rúa que estaba nas proximidades. 

Os tres tripulantes do barco afundido foron trasladados ao peirao do Con e atópanse en bo estado de saúde. 

O sinistro produciuse cara ás 07:00 horas pouco despois de partir o Antepazo do peirao da Mosqueira cos tripulantes a bordo. Como consecuencia do afundimento do barco, detectouse unha mancha de carburante flotando sobre as augas da costa de Moaña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade