Cargando resultados...
Reflotan e trasladan ao porto de Cangas o barco que se afundiu ao chocar cunha batea
Reflotan e trasladan ao porto de Cangas o barco que se afundiu ao chocar cunha batea
Foi posible o seu rescate logo dunha operación moi complicada, xa que estaba nunha zona da ría con moito lodo e a uns 15 ou 20 metros de profundidade
O barco chegou xa a porto e agora é momento de avaliar danos
G24.gal
11/09/2024 09:54
O bateeiro que se afundiu a semana pasada en Moaña foi xa reflotado e atópase no porto de Cangas para avaliar o seu estado. Foi posible o seu rescate logo dunha operación moi complicada para elevalo, xa que estaba nunha zona da ría con moito lodo e a uns 15 ou 20 metros de profundidade.
O primeiro paso foi darlle a volta para despois intentar levalo á superficie con varios flotadores. O Antepazo II afundiuse o xoves pasado despois de chocar contra unha batea. Os seus tres tripulantes foron rescatados ilesos por outra embarcación que traballaba na zona.