Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatan dous mariñeiros tras sufrir unha vía de auga preto do dique de San Amaro na Coruña

Rescatan dous mariñeiros tras sufrir unha vía de auga preto do dique de San Amaro na Coruña

Un barco de baixura estivo a piques de naufragar nas inmediacións do dique de abrigo de San Amaro 

G24.gal 13/01/2023 15:04

Susto esta madrugada na Coruña, onde un barco de baixura estivo a piques de naufragar nas inmediacións do dique de abrigo de San Amaro. 

A vía de auga que sufríu o Cabo de Hornos Dos, foi por mor dun golpe de mar. Dedícase ás artes menores e contra as cinco da mañá saíu do porto á captura de polbo. 

Cando estaba a escasas dúas millas náuticas ao nordeste da Torre de Hércules saltaron as alarmas. A bordo ían o patrón do barco e un mariñeiro.

Inmediatamente alertaron a Salvamento Marítimo e, tras activar o protocolo, a Salvamar Betelgeuse remolcouno ata o porto de Oza e rescatou aos mariñeiros sans e salvos.

Intres despois, desde o porto de Oza, levaron o pesqueiro avariado remolcado e protexido cunhas barreiras anticontaminación ata unha zona próxima para a súa posta en seco. Alí será reparado e, probablemente nuns días, xa poderá saír de novo ao mar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade