Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatan o cadáver dun home que caeu cun cuadriciclo nun regato en Carballedo

Rescatan o cadáver dun home que caeu cun cuadriciclo nun regato en Carballedo

O finado tiña 51 anos e era veciño do lugar das Lamas, en Aguada

Parece que o vehículo esvarou mentres realizaba unha manobra 

G24.gal 30/12/2021 14:44

Os bombeiros de Chantada, axentes de Tráfico e efectivos de Protección Civil chantadina rescataron este xoves o cadáver dun home que apareceu aboiando xunto ao seu cuadriciclo nun regato no lugar da Tolda, en Aguada, parroquia do concello lucense de Carballedo.

O finado, un home de 51 anos, era veciño das Lamas, a só uns centos de metros do lugar do accidente. Traballaba nun aserradoiro do concello ourensán de Vilamarín.

O cadáver apareceu  na auga xunto ao vehículo que estaba ca porta aberta e a parte dianteira semifundida polo que a Garda Civil sospeita que esvarou na lama e caeu na auga mentres manobraba de noite e que, desorientado polo golpe e a escuridade, non foi capaz de saír da poza, de pouco máis dun  metro de profundidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar