Morre un home de 90 anos ao caer nun pozo de xurro en Abadín

A investigación está aberta para determinar como faleceu

O pozo de xurro da explotación agrícola está a poucos metros da vivenda do falecido
G24.gal 16/11/2023 16:55 Última actualización 16/11/2023 19:58

A Garda Civil investiga a morte dun home de 91 anos que caeu no pozo de xurro dunha explotación agrícola situada no concello lugués de Abadín. Ao parecer foi a parella do seu fillo quen deu a voz de alarma. Ata o lugar desprazáronse efectivos sanitarios e tamén dos bombeiros de Vilalba, que foron os encargados de rescatar o cadáver.

O pozo de xurro en que perdeu a vida o nonaxenario está situado a poucos metros da casa do falecido, na parroquia de Baroncelle. A investigación continúa aberta e non se descarta ningunha hipótese.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade