Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatan sete tripulantes dunha embarcación que se afundía fronte a Sanxenxo

Rescatan sete tripulantes dunha embarcación que se afundía fronte a Sanxenxo

Os servizos de rescate de Silgar puxeron os evacuados a salvo en Portonovo

Tamén lograron levar o barco ata o peirao de Sanxenxo

A embarcación recuperada no peirao de Sanxenxo
G24.gal 15/07/2023 16:44

Sete persoas que gozaban da ría de Pontevedra nunha motora ante a praia de Silgar en Sanxenxo foron rescatadas este sábado pola tarde despois de que un dos tripulantes dera aviso ao 112 Galicia de que a embarcación se afundía.

O barco ten oito metros de eslora e tiña unha vía de auga, estaba aproximadamente a un quilómetro e medio de Sanxenxo.

O Concello de Sanxenxo mobilizou un amplo dispositivo e os servizos de rescate da praia de Silgar lograron rescatar sans e salvos os sete ocupantes do barco, ante a ameaza de afundimento.

A embarcación de Emerxencias de Sanxenxo trasladou tres das persoas ata Portonovo e as outras catro coa lancha de Nauta e o Náutico.

Puideron recuperar a motora coa vía de auga antes de que se afundise. Salvamento Marítimo recibiu o aviso do 112 Galicia da situación e mobilizou a Salvamar Mirach e o helicóptero Pesca que non precisou intervir. Tamén estivo na zona a embarcación Río Luna da Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade