Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatan tres bañistas nas praias de Valdoviño en menos de 24 horas

Rescatan tres bañistas nas praias de Valdoviño en menos de 24 horas

Non daban regresado á beira tras metérense nunha zona de correntes

G24.gal 07/07/2023 15:09 Última actualización 07/07/2023 19:54

En menos de 24 horas producíase na praia de Pantín o terceiro rescate. Eran as dúas e media da tarde deste xoves. Daquela, un monitor e varios alumnos dunha escola de surf estaban practicando na auga cando viron unha moza que chamaba a súa atención.

Alertaba de que un surfista británico non podía saír da auga tras meterse nunha zona de correntes. Un dos monitores de surf, sen perder un intre, foi canda el para rescatalo. Levouno ata a area e non precisou asistencia médica.

Nos outros dous rescates anteriores, un na Frouxeira, dun mozo de 24 anos, e outro en Pantín, dunha muller alemá, de 75 anos, que se meteu nunha zona de correntes, sinalizada con bandeiras vermellas, foi crucial a intervención dos socorristas.

Respectar as recomendacións de baño e as cores das bandeiras é a clave para gozar dunha xornada de praia segura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade