Rescatan un ciclista inconsciente nun monte de Cangas
Rescatan un ciclista inconsciente nun monte de Cangas
Precisaron dous todoterreos para trasladar o ferido e o equipo sanitario
Os bombeiros do Morrazo en colaboración con Protección Civil rescataron nas últimas horas un ciclista ferido e inconsciente en Cangas na zona e Monte Carrasco.
Estaba nunha pista de difícil acceso para as ambulancias polo que tiveron que sacalo do lugar en todo terreo.
A preto de dous quilómetros da área recreativa entre Monte Xemelgos e Monte Vixía foi onde os tres camiñantes atoparon o ciclista tirado e inconsciente. O aviso chegou ao 112 contra as sete e dez da tarde. A zona está en moi mal estado, ademais do precario do camiño.
Para rescatar o ciclista accederon ao lugar senllos todo terreo: un de Protección Civil que levou o ferido ata a zona dos institutos e outro dos bombeiros que achegou ao persoal do PAC ata o punto en que estaba o ferido.
O home de 42 anos veciño da parroquia canguesa de Darbo foi trasladado finalmente ata o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, seguía inconsciente e o seu estado é grave.