Rescatan un mozo en Mugardos que cravou a lanza dun portal na perna
Rescatan un mozo en Mugardos que cravou a lanza dun portal na perna
O accidente sucedeu cando intentaba entrar na casa tras esquecer as chaves dentro
O Grupo de Emerxencias Municipal de Mugardos liberou un mozo de 23 anos que cravara nunha perna parte do enreixado de ferro dun portal.
O rapaz intentaba saltar o portal para acceder á vivenda. Ao parecer esquecera as chaves da casa e intentaba a manobra para poder entrar pero quedou atrapado nunha das extremidades do peche da entrada.
O 112, unha vez recibido o aviso do accidente por parte dun familiar do mozo, activou o GES de Mugardos, que comprobou a difícil situación en que se encontraba. Ata o lugar, na avenida do Seixo, desprazáronse efectivos do 061 cunha ambulancia de soporte vital avanzado e axentes da Garda Civil.
Para liberalo precisaron cortar a base da punta da frecha que tiña chantada o ferido para lograr trasladalo en ambulancia ata o hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, onde quedou ingresado.
El GES de Mugardos rescata a un joven al que se le clavó una lanza del portal en una pierna https://t.co/y6sYzd7kxg pic.twitter.com/u0Rgr2Iq15
— La Voz de Ferrol (@vozferrol) December 26, 2021