Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatan unha turista que caeu nas pozas de Loureza de Oia

Rescatan unha turista que caeu nas pozas de Loureza de Oia

Montaron un polipasto operativo con poleas para salvar a pendente

G24.gal 24/08/2022 19:29

A muller de 57 anos precipitouse nas pozas de Loureza, en Oia, e quedou inconsciente ao levar un forte golpe na cabeza. Unha amiga alertou o 112 e axña acudiu unha ambulancia do 061 que a atendeu no lugar.

Debido ao abrupto do terreo, os bombeiros do Porriño en colaboración co GES da Guarda e a Garda Civil de Tomiño montaron un polipasto operativo con poleas, para salvar a pendente ata a estrada onde agarda a ambulancia.

Xa consciente, a ambulancia traladouna ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade