Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rescatan unha nena na praia da Frouxeira arrastrada polas correntes

Rescatan unha nena na praia da Frouxeira arrastrada polas correntes

A rapaza facía paddle surf xunto a outros dous amigos que saíron polo seu propio pé

O Helimer 402 tivo que acudir na súa axuda

G24.gal 24/08/2022 13:38

As correntes na praia da Frouxeira puxeron en apuros tres mozos que estaban practicando paddle surf. Ao ter dificultades para saír do mar pediron axuda a outros individuos que se encontraban na zona e que deron o aviso ao 112 alertando da perigosa situación.

Enseguida chegou o helicóptero de Salvamento Marítimo, o Helimer 402 e tras varias manobras alcanzaron a nena, sacárona do mar e subírona á aeronave para despois trasladala sa e salva ao aeroporto de Alvedro.

Os dous compañeiros da rapaza que viron toda a operación dende as súas taboas de paddle surf conseguiron polos seus propios medios fuxir da corrente e saír da auga.

É a segunda vez en menos dunha semana que o Helimer ten que actuar nas augas de Valdoviño. O pasado día 16 rescataba na praia de Pantín un avó e a súa neta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade