Publicador de contidos
Publicador de contidos

Retencións quilométricas nos accesos ao IFEVI o primeiro día de Conxemar

Retencións quilométricas nos accesos ao IFEVI o primeiro día de Conxemar

O plan especial de tráfico posto en marcha non evitou as retencións

Aena recoméndalles aos pasaxeiros que vaian con moita antelación para non perder os voos

G24.gal 03/10/2023 14:36

É un problema habitual dos eventos multitudinarios que se celebran no IFEVI. Para intentar solucionalo, esta nova edición de Conxemar contaba cun plan especial de tráfico deseñado polo Ministerio de Transportes, Audasa, a Garda civil e o Concello de Vigo. A principal novidade foi habilitar máis carrís de acceso ao recinto na estrada da saída da AP-9.

O plan non conseguiu evitar o embude que se produce neste punto polos centos de vehículos que chegan desde a AP-9. 

Outro dos accesos principais a Cotogrande, a estrada da avenida do aeroporto, rexistrou retencións de varios quilómetros que se alongaron ata media mañá.  

Ducias de persoas quedaron bloqueadas no atasco nesta estrada que tamén da acceso ao aeroporto de Peinador. Aena recoméndalles aos pasaxeiros que vaian con moita antelación para non perder os voos.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade