Publicador de contidos
Publicador de contidos

Retencións quilómetricas para saír de Galicia na A-6 e N-VI á altura de Pedrafita

Retencións quilómetricas para saír de Galicia na A-6 e N-VI á altura de Pedrafita

Os atascos son consecuencia do derrubamento do viaduto do Castro

O tráfico complicouse ao coincidir co día de feira na vila

G24.gal 21/08/2022 21:30 Última actualización 21/08/2022 21:39

É a saída cara a Madrid pola A-6 desde Galicia. Nos últimos minutos parece que o tráfico é máis fluído, pero ao longo de todo o día de hoxe foron quilométricas as reas de vehículos tentando saír de Galicia cara á meseta. Hoxe é día de feira en Pedrafita e iso unido aos desprazamentos vacacionais e ás obras na autovía fixeron que o tráfico colapsara.

As cámaras da Dirección Xeral de Tráfico mostran os atascos de varios quilómetros que se formaron este domingo, a partir do mediodía, tanto na autovía do noroeste coma na estrada A Coruña-Madrid. 

 "Pois levarei hora e media para facer catro ou cinco quilómetros". "Para min suporá un atraso dunha hora ou hora e cuarto pero non teño présa, é domingo e mañá entro a traballar ás oito da mañá, vou a Burgos". "El non chega, porque quedou e non chega".

E así se ve o atasco desde o outro lado, o dos vehículos que se dirixían a Galicia.
A situación mellorou a medida que se reducían carrís, de tres a un, pero non para todos os vehículos. 

"Somos os que imos traballando e dálles igual, alí van tres carrís e aquí queda un e estes pasan antes ca nós que temos prohibido adiantar".

Os veciños de Pedrafita, por onde pasan todos os coches tanto se van a Madrid coma se entran a Lugo, lembran que, ademais dos problemas creados polo derrubamento do viaduto da A-6, este domingo era día de feira.

"O desastre ese que houbo e o tráfico ten que pasar por algún sitio, o que pasa é que hoxe se complicou porque é feira e é domingo". "Comparado con outros anos que non pasa ninguén, este ano é terrible pero é o que hai non se pode facer nada".

A fin de semana pasada a operación saída da ponte de agosto colapsou a entrada a Pedrafita e provocou retencións de máis dunha hora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade