Cargando resultados...
Andaina solidaria con menores afectados por doenzas raras e oncolóxicas
Andaina solidaria con menores afectados por doenzas raras e oncolóxicas
Familias de pacientes percorren en 24 horas a distancia entre Vigo e Ourense para captar fondos
Momento da saída
G24.gal
10/06/2023 13:50
Última actualización 10/06/2023 14:33
Ás once da mañá saían do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo o grupo de pais e nais de menores afectados por doenzas raras e oncolóxicas que participan no reto solidario 120 quilómetros en 24 horas.
Percorrerán a distancia entre Vigo e Ourense sen parar, fóra das vías principais, para culminar este domingo no centro comercial Ponte Vella da cidade das Burgas.
O obxectivo é conseguir fondos para dúas organizacións sen ánimo de lucro galegas que lles prestan apoio: Bicos de papel e ASAGANOG. Tamén, para a investigación no hospital Sant Joan de Déu.