Cargando resultados...
Retoman en Pontevedra a busca do padexeiro desaparecido no río Lérez
Retoman en Pontevedra a busca do padexeiro desaparecido no río Lérez
O operativo vai ampliar este domingo o radio de busca
G24.gal
30/10/2022 09:03
Última actualización 30/10/2022 10:11
Sobre as nove da mañá retomaron no río Lérez, ao seu paso pola cidade de Pontevedra, a busca do padexeiro desaparecido. A turbidez da auga e as correntes están a dificultar moito os labores dos rastrexadores, que este sábado volveron buscar nas zonas onde foi visto por última vez.
José Manuel Penas, de 49 anos, saíra a adestrarse este venres na cidade de Pontevedra, como facía decote, cando a súa piragua envorcou. Caeu á auga e, tras pedir auxilio, foise para o fondo. O operativo do sábado rematou sen éxito. Hoxe van ampliar o radio de busca.