Publicador de contidos
Publicador de contidos

Retómanse os traballos no xacemento de Budiño, no Porriño

Retómanse os traballos no xacemento de Budiño, no Porriño

É o xacemento con presenza humana máis antigo de Galicia, con máis de 300.000 anos

 

G24.gal 13/07/2023 20:32 Última actualización 13/07/2023 20:42

É un oficio minucioso en que se agochan máis de 300.000 anos de historia. Neste xacemento de Budiño, volveron retomar os traballos de escavación.

Agora si, para completar unha tarefa que se iniciou en 2018 e onde atopamos os niveis arqueolóxicos máis antigos de Galicia.

En apenas 30 metros cadrados, e dependendo da súa profundidade, atopan restos dunha historia onde aparecen os poboadores máis antigos de Galicia.

Os encargados de elaborar estas ferramentas, ou como se coñecen tecnicamente, artefactos líticos.

A actual datación desta escavación, moito máis antiga que a inicial, desterra a falsa crenza do atraso secular en Galicia.

Polas características da terra, non se conservan restos fósiles.

Con todo, a información recollida neste xacemento, que podería ser moi extenso, será publicada a finais deste ano nunha revista científica e permitirá reescribir unha nova etapa na prehistoria deste concello do Porriño, pero tamén de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade