Publicador de contidos
Publicador de contidos

Retransmisión en directo da procesión do Cristo da Vitoria de Vigo

Retransmisión en directo da procesión do Cristo da Vitoria de Vigo

O xornalista Moncho Lemos comenta o evento, apoiado por Alberto Cuevas, párroco da Nosa Señora da Soidade 

G24.gal 06/08/2023 19:22 Última actualización 06/08/2023 21:33

A Televisión de Galicia retransmite en directo desde Vigo a Procesión do Cristo da Vitoria, que sae ás 19:30 horas da concatedral de Santa María, na zona vella.

O xornalista Moncho Lemos comenta o evento para a canle pública, apoiado por Alberto Cuevas, párroco da Nosa Señora da Soidade.

A procesión percorre as principais rúas do centro e remata na Porta do Sol, onde un equipo de 28 alfombristas da vila de Ponteareas terá preparada un tapiz especial de flores.

Este ano, o presidente da Cooperativa de Armadores de Pesca do porto de Vigo, Javier Touza, porta o estandarte na procesión.

O acto relixioso, tradicionalmente relacionado coa vitoria sobre as tropas napoleónicas que invadiron a cidade no 1809, é o máis importante que se celebra na urbe,

Neste 2023, o R. C. Celta de Vigo foi nomeado Confrade de Honra do Cristo da Vitoria, pola celebración do seu centenario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade