Reúnen 400 sinaturas contra o exceso de velocidade na parroquia de Vilaboa, en Allariz
Reúnen 400 sinaturas contra o exceso de velocidade na parroquia de Vilaboa, en Allariz
Veciños de Vilaboa, en Allariz, quéixanse de que os condutores non respectan os límites
Os sinais á entrada de Vilaboa advirten da limitación de velocidade a cincuenta quilómetros por hora, pero os veciños aseguran que non se respecta.
Hai arredor de 80 veciños, repartidos aos dous lados desta estrada que, segundo advirten, se converteu nunha barreira entre eles, polo risco que implica.
"Temos un paso de peóns e teñen que parar os peóns para que pasen os coches", sinala un veciño.
Aseguran que levan sustos acotío e xa houbo dous atropelos moi graves.
"Unha veciña morreu e outro quedou mal, non pode traballar nin nada", explica un veciño.
Reuniron 400 sinaturas que presentaron na Deputación Provincial, titular da vía. Solicitan que se adopten medidas de seguridade para protexer os peóns.
Patricia Soto, vicepresidenta da asociación de veciños: "Seica non se poden poñer 'badéns', así que terán que tomar outro tipo de medidas para que os vehículos reduzan a velocidade".
Tamén se queixan dos outros dous quilómetros que hai ata Allariz, onde onte mesmo atropelaron un ciclista, que precisou asistencia sanitaria.