Publicador de contidos
Publicador de contidos

Revisan as cámaras de seguridade para identificar os asasinos do empresario ourensán

Revisan as cámaras de seguridade para identificar os asasinos do empresario ourensán

Carlos Estévez Álvarez, natural de Avión, foi soterrado en Cidade de México

Faleceu polos disparos de 3 asaltantes, ás portas da súa lavandería

Casa familiar do empresario en Casar do Nabo, Avión Casa familiar do empresario en Casar do Nabo, Avión
G24.gal 27/04/2022 11:54

Carlos Estévez Álvarez, de 66 anos e natural de Casar do Nabo, no concello ourensán de Avión, onde segue vivindo a súa nai, de 86 anos, foi soterrado onte na capital mexicana, onde residía, arredor das once da mañá, hora local.

Mentres tanto, a policía continúa coas investigacións. Están revisando as gravacións das cámaras de seguridade da lavandería onde foi asasinado, un negocio familiar que tiñan para lle prestar servizo á cadea hoteleira que rexentaba este empresario ourensán. Foi asasinado a tiros. Recibiu 12 disparos por parte de 3 asaltantes, e están vendo se se poden identificar a través das gravacións. Tamén lles están tomando declaración a posibles testemuñas presenciais.

Hai que ter en conta o alto índice de violencia no país mexicano. O ano pasado houbo máis de 33.000 homicidios e o nivel de impunidade é do 89 %, é dicir, que só se resolve 1 de cada dez casos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade