Publicador de contidos
Publicador de contidos

Revisan as gravacións das cámaras do polígono do Milladoiro para dar cos ladróns dun bar

Revisan as gravacións das cámaras do polígono do Milladoiro para dar cos ladróns dun bar

Entraron na medianoite do domingo rompendo unha das grandes cristaleiras da fachada

Só levaron o cambio e as propinas, pero o valor do estragado pasa dos 2.000 euros

G24.gal 29/05/2024 14:49

Polas noites nunca hai moita actividade na zona do Milladoiro e menos aínda nas fins de semana. Por iso Raquel Martínez, a dona do negocio, nunca deixa nin moito cambio, nin cousas de valor no bar. Pero aínda así non se librou da visita dos amigos do alleo a fin de semana pasada. 

A Garda Civil está a analizar as gravacións das cámaras de vixilancia do bar e doutros locais do polígono industrial para identificar os autores, que entraron facendo un gran burato nunha das lúas da fachada.

A Raquel sorpréndelle que actuaran con tanta premura porque nas imaxes das súas cámaras vese que foron a tiro fixo e enredaron pouco máis dun minuto para levar só as moedas que había na caixa e uns cen euros que estiman que levarían acumulados no bote das propinas das camareiras.

"O cristal custa dous mil euros, entón a nós arranxáronnos o mes". 

Que o botín fose cativo, non quere dicir que o prexuízo non sexa grave, recalca Raquel, porque repoñer o cristal roto vai supoñer un gasto considerable para o negocio.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade