Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rexistrado un tremor de magnitude 3,8 fronte á ría de Muros-Noia

Rexistrado un tremor de magnitude 3,8 fronte á ría de Muros-Noia

O sismo produciuse ás 3:45 horas desta madrugada a 19 quilómetros de profundidade e a máis de 30 quilómetros da costa

O tremor non provocou nin incidencias nin chamadas ao 112

Mapa do Instituto Xeográfico Nacional (IGN) sinalando o punto exacto do tremor
G24.gal 29/12/2022 12:17 Última actualización 29/12/2022 13:49

O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou un terremoto de magnitude 3,8 fronte á ría de Muros e Noia, na costa da provincia da Coruña, nunha zona entre Muros e Carnota

O sismo produciuse ás 3:45 horas desta madrugada a 19 quilómetros de profundidade nunha localización do Atlántico a máis de 30 quilómetros da costa.

Tivo unha dimensión de 3,8 na escala de magnitude Richter. Esta escala indica que a partir de 3 puntos os tremores empezan a ser perceptibles. Con todo, o feito que se producise no medio dunha desapracible madrugada e a ducias de quilómetros da costa axuda a entender por que practicamente non se percibiu.

 "Eu as catro estaba tomando un café e non sentín nada".

2Durmín toda a noite non me decatei"

O tremor non causou danos e o 112 Galicia non rexistrou chamadas para alertar de ningunha incidencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar