Rexistrado un tremor de 2,9 graos con epicentro no concello de Pantón
Rexistrado un tremor de 2,9 graos con epicentro no concello de Pantón
É o quinto movemento sísmico que se produce nesta parte da provincia de Lugo no que vai de ano
O concello de Pantón foi epicentro, este domingo de madrugada, dun movemento sísmico de 2,9 graos, segundo consta na web do Instituto Xeográfico Nacional (IGN).
O tremor que rozou a intensidade 3 produciuse contra as cinco da madrugada e puido sentirse tamén en Monforte de Lemos, no centro urbano e na parroquia de Distriz.
Non se rexistraron danos materiais nin persoais pero este é o quinto movemento sísmico que se produce nesta parte da provincia de Lugo no que vai de ano.
Na memoria da veciñanza aínda está ese episodio do 15 de marzo en Sarria, cun seísmo de 3,7 graos polo que a percepción da ameaza segue latente.
Outro movemento en Cerceda tamén rozou os 3 graos (2,8) o pasado mércores, día en que Fornelos de Montes tivo un tremor de 2,6.